Facebook quere desvincularse da prensa
venres, 1 de marzo do 2024
A relación de Facebook cos medios de comunicación sempre foi complicada, pois inicialmente a plataforma social buscaba atraer aos medios de comunicacións para que compartisen e mesmo publicasen os seus contidos para conseguir o interese do público, para logo querer sacar tallada da torta publicitaria, mentres os medios querÃan tamén o mesmo (cobrar de Facebook por ter presenza na súa plataforma).
Durante este tirapuxa crearon en varios mercados Facebook News, onde publicaban dentro de Facebook unha escolma de novas do dÃa escollida polos propios medios, pero finalmente decidiron recoller cable, e tras abandonar este proxecto en Reino Unido, Francia e Alemaña en setembro, anuncian que a primeiros de abril pecharán Facebook News en EE.UU. e Australia.
Deste xeito Meta evita investir en contidos informativos, argumentando que no último ano Facebook News en EE.UU. e Australia caeu un 80% en uso, o que reforza a teorÃa de que a xente non acode a Facebook para consumir contidos informativos e polÃticos, senón para descubrir novas oportunidades, paixóns e intereses.
Aseguran que en 2023 as novas eran menos do 3% das publicacións en Facebook, e deste xeito queren desligarse dos negocios dos medios de comunicación, argumentando que continuarán a ter acceso ás súas páxinas de Facebook, dende as que poden remitir aos seus usuarios ás súas páxinas web (que poden explotar comercialmente sen que Meta esixa ningunha comisión polo tráfico que lles remite).
Estes movementos de Meta lembran bastante aos de Google, querendo evitar ter que pagar aos medios de comunicación por remitirlles tráfico na web, aÃnda que tamén insisten en que esta desvinculación económica non lles libra da responsabilidade de ter que loitar contra a desinformación, causa coa que seguen comprometidos.