Facebook saltarase os bloqueadores de publicidade

martes, 9 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Durante os últimos anos os bloqueadores de publicidade convertéronse nun grave problema para as empresas que basean nos anuncios o seu modelo de negocio, pero dende Facebook entende que é un fenómeno que naceu como consecuencia do abuso da publicidade en certos espazos web, e por iso anuncian unha nova política para loitar contra tal problema, que abordan de dous xeitos diferentes: mellorando o control dos anuncios e actuando contra o bloqueo da publicidade.
No que se refire ao control por parte dos usuarios, Facebook está a facer máis doada a configuración das preferencias do usuario, para facilitar que se poidan elixir os tipos de anuncios a recibir para que, por exemplo, non se amose publicidade de temas que non resulten de interese (como viaxes ou automóbiles).
Pero o realmente sorprendente é que dende Facebook aseguran que evitan o motivo polo o usuario iniciou o uso de bloqueadores de publicidade, evitando así que os anuncios en Facebook interrompan na experiencia do usuario, e entendendo que ao usuario non molestarán os anuncios, afirman que serán capaces de amosar publicidade incluso en equipos informáticos que a bloqueen, sen detallar como conseguirán facer tal.

PUBLICIDADE