Far Cry 5 programa o seu lanzamento para febreiro de 2018
venres, 26 de maio do 2017
Ubisoft presentou hoxe oficialmente o que será o seu xogo Far Cry 5, xogo
que nos trasladará ao Condado de Hope, un idÃlico lugar onde vive unha
comunidade de persoas amantes da liberdade e tamén fanáticos que veneran un
culto apocalÃptico que se infiltrou silenciosamente en todos os aspectos da
vida cotiá. Aparte de amosar esta curiosa proposta, tamén confirmaron que o
xogo estará dispoñible para PlayStation 4, Xbox One e PC a partires do 27 de
febreiro de 2018.
Nesta aventura teremos que enfrontarnos á seita coñecida como a Porta do Edén,
liderada polo profeta Joseph Seed, que veñen de emprender a senda da violencia
para tomar o control da rexión, polo que haberá que alzarse e resistir para
liberar a unha comunidade asediada.
Como vén a ser habitual nesta saga, poderemos explorar con liberdade a terra, o
ceo e os rÃos do contorno, contando tamén cun amplo arsenal de vehÃculos e
armas personalizables. A historia tamén se irá adaptando ás alianzas que se
forxen, para dar pé a situacións inesperadas.
O xogo tamén permitirá controlar a animais salvaxes, gozar dun modo cooperativo
para dous xogadores, ter grande capacidade de elección... toda unha serie de
oportunidades como as que adiantan no tráiler de presentación do xogo: