Farming Simulator 17 sairá á venda o 25 de outubro

venres, 12 de agosto do 2016

Hai numerosos xogos de simulación con pouca visibilidade nas tendas de videoxogos, pero que teñen igualmente unha impresionante comunidade de xogadores fieis, como é o caso da franquía Farming Simulator, que no outono contará cunha nova entrega que xa pode reservarse para PC e Mac por 34,99 euros, e que confírmase que o vindeiro 25 de outubro contará tamén con versións para Xbox One e PlayStation 4.
Farming Simulator 17 é un ambicioso desenvolvemento de Giants Software, que busca converter ao xogador nun granxeiro contemporáneo, podendo así criar animais, planificar colleitas, vender, talar madeira... en definitiva, xestionar e ampliar unha granxa nun inmenso mundo aberto recreado con grande fidelidade, para o que contan con acordos coas marcas máis prestixiosas da industria (Challenger, Fendt, Valtra, Massey Ferguson...) de xeito que en cada versión incorpora nova maquinaria.
O xogo contará con máis de 250 vehículos e equipamento de máis de 75 marcas distintas, inclúe interesantes novidades (como a cría de porcos, o plantado de xirasois e o uso de trens para transportar cargamentos), permite que os amigos visiten en liña as nosas granxas e incluso acepta modos en liña para até 6 granxeiros simultáneos en consola e 16 en ordenadores persoais.

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE