Favi presenta novos proxectores de pequeno tamaño

luns, 11 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

JPEG - 26.8 KB
O Favi RIOLED-Q ten un tamaño moi reducido

Favi Entertainment anuncia novos proxectores de vídeo, que van dende os de uso doméstico ata os de pequeno tamaño. Dentro destes últimos teriamos o RIOLED-Q, cunha resolución de 800 x 600 píxeles, altofalantes de 3 W, entradas de A/V e VGA, conexións USB e funcionamento tanto con adaptador de corrente coma con batería, sendo o primeiro picoproxector do mercado en acadar un brillo de 50 lumens; e o RIOLED-V, que tería unhas características semellantes, pero incorporaría Wi-Fi e reprodución multimedia, sendo capaz de acceder a contidos en YouTube, Flickr, Picasa, Yahoo News RSS, Weather.com, correo electrónico, radios por Internet e páxinas web, pois incorpora un pequeno Linux. Ambos picoproxectores inclúe lector de tarxetas SD/MMC.
Xa para o fogar terían o RIOHD-LED2, que pese a non ser un picoproxector, ten un tamaño bastante reducido (entraría na gama de miniproxectores ou procector portátil), un brillo de 400 lumens e a súa lámpada LED ten unha duración de 20.000 horas. Sobre os seus irmáns menores sobresae ao incorporar entrada HDMI.

JPEG - 40.6 KB
O Favi RIOLED-V actúa coma un híbrido entre picoproxector e reprodutor multimedia

PUBLICIDADE