Fíltrase unha copia de Horizon Forbidden West

martes, 11 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

A pouco máis dun mes para o lanzamento de Horizon Forbidden West unha versión sen rematar do xogo para PlayStation 4 filtrouse e está a circular pola Rede, e aínda que careza dalgúns elementos artísticos que se puliron recentemente, si que conta con todo o contido principal do xogo, polo que os responsables do título están agora a loitar contra a aparición en redes sociais de imaxes que amosen detalles da súa produción antes da súa publicación.
Esta situación será moi difícil de conter, principalmente dentro dos numerosos foros sobre videoxogos que existen, polo que habería que recomendar aos seareiros da franquía Horizon que fuxan de consumir información sobre a mesma durante as vindeiras semanas (silenciando algunhas palabras nas súas redes sociais) se non queren padecer spoilers que poidan estragar sorpresas sobre o xogo como xa aconteceu no seu día con The Last of Us Parte II, do que circularon moitos detalles da súa historian antes de que o título saíse á venda.

PUBLICIDADE