Final Fantasy VII estrea conversión para Xbox One e Nintendo Switch

martes, 26 de marzo do 2019 Marcus Fernández

O clásico de 1997 para PlayStation, Final Fantasy VII, que posteriormente contou con versións para dispositivos móbiles, ordenadores persoais e PS4, e actualmente ten un remake en desenvolvemento, chega finalmente a Xbox One e Nintendo Switch, facendo máis accesible este título tan representativo e que tanta pegada deixou en toda unha xeración de xogadores.
Dado que estamos ante unha simple conversión dun xogo con moitos anos enriba, o seu prezo tamén é reducido, e estas novas adaptacións do clásico de Square Enix poden mercarse por 15,99 euros. Como novidades, a conversión conta coa posibilidade de acelerar a velocidade por 3 e evitar os combates, á vez que tamén conta cun modo de combates mellorados.

PUBLICIDADE