Final Fantasy XV chegará a PC en marzo

martes, 16 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

O vindeiro 6 de marzo sairá á venda o Final Fantasy XV: Royal Edition, ampliación do xogo de Square Enix que incorpora un mapa adicional (ruínas da cidade de Insomnia), novas opcións de xogo (modo de cámara en primeira persoa), novas pezas de equipo, novos xefes, todos os contidos do pase de tempada do xogo orixinal e máis dunha ducia de contidos descargables.

Por fin para PC

Pero esta especie de versión completa de Final Fantasy XV non chega soa, senón que tamén coincide en lanzamento coa versión para Windows, o que permitirá gozar non só do xogo con todos cos contidos de consola antes mencionados, senón tamén tirar proveito do grande hardware que teñen moitos gamers, de xeito que Final Fantasy XV: Windows Edition moverase en 4K nativos con HDR10 e incluso é posible configuralo para que funcione até a 8K, nivel de detalle que non está dispoñible en consolas.

Final Fantasy XV para Windows funciona con resolucións de até 8K

Vídeo de presentación da edición para Windows de Final Fantasy XV

PUBLICIDADE