Final Fantaxy X/X-2 estreará versión en alta definición o vindeiro mes de marzo

luns, 18 de novembro do 2013 Marcus Fernández

A edición limitada do xogo incluirá un libro de ilustracións

Square Enix anunciou hoxe a data de lanzamento no mercado occidental de Final Fantasy X/X-2 HD Remaster, título que achegará á PlayStation 3 as aventuras de rol xaponés que entre 2001 e 2003 viron a luz na PlayStation 2, e que a partir do 21 de marzo de 2014 poderán gozarse en alta definición en Europa e territorios PAL.
Dende Square aproveitan o anuncio para destacar que o xogo contará cunha edición limitada que incluirá un exclusivo libro de ilustracións con arte conceptual de Final Fantasy X e Final Fantaxy X-2. A versión estándar desta remasterización en alta definición terá un prezo oficial de 40,99 euros (aínda que xa se oferta a 36,95 euros), mentres que a edición limitada custará oficialmente 60,99 euros (podendo xa reservarse a 54,95 euros).


Trailer de Final Fantasy X/X-2 HD Remaster

O xogo recupera 2 títulos para PS2 adaptados á alta definición nun único disco

PUBLICIDADE