Fortnite celebrará unha competición exclusiva para PS4

luns, 3 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

A fin de semana que comeza o 15 de febreiro terá lugar a Copa Celebración Só en PS4 de Fortnite, unha competición que exclusiva para xogadores de PlayStation 4 que permitirá gañar obxectos dentro do xogo e premios en metálico.
O primeiro día os participantes máis habilidosos poderán facerse cun grafiti cosmético para o xogo A Cuberto de quedar entre o 50% de xogadores con mellor puntuación, un pico cosmético para o xogo Acento Salvaxe de quedar entre os 25% mellor clasificados e unha traxe cosmético para o xogo Tango de quedar entre o 5% de xogadores coa maior puntuación.
O segundo día os mellores xogadores das clasificacións rexionais terán a oportunidade de facerse cunha parte dunha bolsa de premios por valor de 1 millón de euros.
Para poder participar será preciso ter acadado o nivel 15 dentro do xogo e ter activada a verificación en dous pasos na conta de Epic Games.

PUBLICIDADE