Fortnite deixará de funcionar en Windows 7 e 8
venres, 10 de marzo do 2023
Epic
Games está a anunciar o CapÃtulo 4 da Tempada 2 do Battle Royale de Fortnite,
cunha infinidade de contidos novos, que vense claramente eclipsados por un
detalle técnico que terá importantes consecuencias: o xogo para PC precisará ter
como sistema operativo mÃnimo Windows 10, ou sexa, que o xogo deixa de ser
oficialmente compatible con Windows 7 e Windows 8.
Dende Epic Games lembran que os usuarios que non poidan acceder a un sistema
operativo moderno teñen como alternativa o servizo GeForce NOW de nVIDIA, que
permite xogar a Fortnite mediante streaming incluso dende versións
vellas de Windows.
Cómpre lembrar que o xogo tamén é compatible con Android, Xbox Series X|S,
PlayStation 5 e Nintendo Switch, polo que seguen a existir moitas plataformas dende
as que pode gozar deste tÃtulo, aÃnda que moitos seguro que aplauden o
cesamento do soporte de Windows 7/8, xa que asà instarán a moitos consumidores
a actualizar o sistema operativo de moitos equipos que simplemente están
acorados a un vello sistema operativo por desidia, xa que son compatibles con
versión modernas de Windows.
Tráiler do novo capÃtulo de Fortnite