Fujitsu anuncia unha cámara compacta con aires retro

luns, 20 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Entre as cámaras dixitais compactas predominan os acabados plásticos pouco atractivos ou con deseños excesivamente xuvenís baseados en cores rechamantes, polo que non resultan atractivas para moitos usuarios que estarán encantados de ver a nova FinePix X100 de Fujifilm, que toma unha aparencia retro á vez que tamén incorpora un visor híbrido que permite a visualización das escenas de xeito tanto óptico coma dixital.
A Fujifilm FinePix X100 conta cun sensor CMOS APS-C de 12,3 Mpíxeles que achegaría unha sensibilidade semellante á da meirande parte das cámaras reflex do mercado en condicións de baixa luminosidade, a súa pantalla LCD de 2,8 polgadas ten unha excelente resolución (800 x 600 píxeles), pode tomar ráfagas de 5 imaxes por segundo, gravar vídeo a 720p, a súa sensibilidade vai do ISO 200 ao 6.400, mide 127 x 75 x 54 milímetros e utiliza como almacenamento tarxetas SD/SDHC/SDXC. Chegará ao mercado a primeiros de 2011.


Vídeo de presentación da Fujitsu FinePix X100

Incluso os controis superiores da nova cámara recordan a modelos clásicos