Fujitsu lanzará unha tarxeta de vídeo externa para os seus portátiles AMILO
luns, 19 de maio do 2008
Fujitsu porá á venda nas vindeiras semanas
o AMILO
GraphicBoster, que sería unha tarxeta gráfica externa baseada en
tecnoloxía ATI XGP, que permitiría conectar ata 3 pantallas externas (por DVI-D
e HDMI) a ordenadores portátiles (pensando nun principio para os Fujitsu
Siemens AMILO, pero que tamén podería funcionar noutros modelos).
As probas realizadas con estas ampliacións gráficas melloraban o rendemento de
vídeo dun portátil AMILO por 4,7 (chegando aos 8.000 puntos baixo 3DMark06), o
que supón todo un avance, pois permitiría potenciar un portátiles sen ter que
adquirir un novo, pois normalmente as capacidades de ampliacións deste tipo de
ordenadores é moi reducida.
Outros fabricantes xa están a traballar en produtos semellantes, polo que
podemos entender que as necesidades dos usuarios están levando ao mercado en
ofrecer solucións para ampliar as capacidades gráficas de equipos que ata o
momento se limitaban a ampliacións de memoria RAM ou disco duro.