Fujitsu presenta un portátil cunha autonomía de ata 18 horas

mércores, 17 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Fujitsu anunciou esta semana a ampliación da súa categoría de produtos proGREEN, con 2 ordenadores de sobremesa ESPRIMO, 2 estacións de traballo CELSIUS e 2 portátiles LIFEBOOK, que empregan tecnoloxía de baixo consumo e alto rendemento a un prezo competitivo e dos que queremos destacar o caso do portátil LIFEBOOK E780, dispoñible con pantallas de 14 ou 15,4 polgadas, certificación ENERGY STAR 5.0 e, mediante o uso de 2 baterías, unha autonomía de ata 18 horas. O equipo tamén conta cun adaptador de corrente moi eficiente, pantalla con iluminación LED e un EcoButton que activa un modo que desconecta os compoñentes non esenciais para o funcionamento do portátil, permitindo así incrementar a súa autonomía ata 1 hora.

A gama proGREEN aposta polo baixo consumo coma contribución ao medio ambiente

PUBLICIDADE