Funda para o iPhone con absorción de impactos

mércores, 2 de setembro do 2009 Marcus Fernández

A compañía británica Tech21 está a sorprender internacionalmente coas súas fundas para distintos trebellos electrónicos coma portátiles ou o iPhone, fabricados dun material chamado d3o que reparte a enerxía dun impacto a través de toda a funda e endurecéndose en milésimas de segundo para protexer os dispositivos.
A funda dirixida ao iPhone chámase iBand e está á venda por 19,99 euros. Achega unha dobre protección, pois aparte do material intelixente que absorbe os impactos, tamén conta cunha capa externa que evita rabuñaduras. Os botóns do iPhone tamén permanecen protexidos contra golpes e po.
O mellor xeito de entender esta tecnoloxía de protección revolucionaria é ver o seguinte vídeo de demostración:

PUBLICIDADE