Funda para protexer o iPad da auga

luns, 9 de maio do 2011 Marcus Fernández

De cara ao verán, Case Logic incorpora ao seu catálogo unha funda resistente á auga para protexer ao iPad, que sae á venda por 25 euros e que conta cunha fiestra transparente de plástico para permitir o uso do iPad incluso coa funda posta.
A funda ten dun dobre selado para garantir que a auga non entre no seu interior, de xeito que resulta ideal para levar o iPad á praia ou á piscina sen medo a que o trebello de moda acabe mal parado. Tamén fai doado o transporte do iPad e véndese en cores negra ou gris.
Este accesorio ten como referencia IPADW-101, e o mesmo fabricante tamén ten un modelo semellante pensado para protexer o Kindle de Amazon.

A funda facilita levar o iPad á praia ou á piscina sen temer polo dano que a auga poida facer ao trebello de Apple
A funda non impide o uso da pantalla táctil do iPad

PUBLICIDADE