GAIN acolleu a presentación da licitación de vehículos non tripulados para servizos públicos

venres, 13 de maio do 2022 S. P.

Este venres 13 de maio celebrouse unha xornada relevante para a nosa terra no ámbito das tecnoloxías aerospaciais: a xornada de presentación da licitación achegada pola Xunta para seguir incorporando novas e innovadoras solucións con vehícullos non tripultados aos servizos públicos. O prazo para presentar propostas á licitación, que vén con 6,5 millóns de euros, está aberto até o 30 de maio, segundo lembraron Francisco Conde, conselleiro de Economía, e Patricia Argerey, directora da axencia autonómica GAIN, no transcurso da sesión. Tamén dixo que coas ditas solucións reforzarase e impulsarase o servizo das emerxencias sanitarias e sociais e máis a xestión forestal e dos recursos mariños.
A xornada técnica celebrouse en Santiago, na sede da Axencia Galega de Innovación, e abeirouse ao programa de actividades do Plan Estratéxico 2025 do Polo Aeroespacial, coa que o Goberno galego busca impulsar a compra inmediata de solucións innovadoras moi próximas ao mercado, e, deste xeito, materializábeis en menos de 12 meses.
Tal e como explicou Conde na xornada, a fórmula da licitación é a da Asociación para a Innovación, “coa que se consegue un dobre obxectivo”, por unha banda mellorar a eficiencia dos servizos públicos e, pola outra, validar, testar e ser o primeiro cliente das solucións e produtos desenvolvidos polas empresas e centros de coñecemento, permitíndolles a futuro un mellor posicionamento no mercado global e apoiando de forma específica ás pequenas e medianas empresas.
Os proxectos deberán centrarse no desenvolvemento e adquisición de solucións innovadoras por medio de vehículos non tripulados (UAV) para a atención sanitaria urxente no Camiño de Santiago; a monitoraxe de zonas forestais para a prevención, extinción de incendios e restauración post-lumes; a inspección e vixilancia pesqueira, marisqueira e acuícola; a localización de persoas extraviadas; e para a análise de poboacións de sementes de mexillón e especies cohabitantes.
“Con esta licitación”, sinalou Conde, “o Polo Aeroespacial de Galicia continuará impulsando a colaboración público-privada nos eidos da innovación e a industria, co obxectivo de promover a participación de pemes e centros de coñecemento no desenvolvemento de solucións innovadoras”.
Adicionalmente a esta nova licitación de 6,5 millóns de euros, xa se destinan neste momento 2,9 millóns a despregar e incorporar na carteira de servizos da Xunta solucións da primeira licitación lanzada en 2018, pensadas para a xestión do territorio, o control de pragas forestais e a calidade das augas.


PUBLICIDADE