GAIN dará apoio ás empresas tecnolóxicas que non obtiveran fondos do Neotec
venres, 18 de marzo do 2022
A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia
Argerey, anuncio este xoves 17 de marzo, a continuidade da
liña de apoio da Xunta a proxectos de emprendemento de base
tecnolóxica galegos que non obtiveron financiamento do Neotec por
falla de crédito. Esta medida enmárcase no compromiso da Xunta
co emprendemento que, no ano 2021, permitiu apoiar a 15 proxectos
tecnolóxicos galegos cun investimento de máis de 3 millóns de
euros.
A directora da axencia GAIN animou ás empresas galegas a presentarse a
esta convocatoria do programa Neotec e Neotec Emprendedoras, así
como a convocatorias estatais e europeas para atraer cara a Galicia
fondos necesarios e proxectos estratéxicos. Tamén agradeceu a
colaboración do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico
Industrial (CDTI), co que existe unha liña de colaboración para
impulsar a innovación empresarial en Galicia. O rescate a proxectos
de emprendemento de base tecnolóxica ven sumado a outras actuacións
das que a Xunta dispón para apoiar o emprendemento, como os
programas de incubación ou os de aceleración.
Un exemplo disto é o programa Ignicia, que apoia a chegada ao
mercado dos resultados da investigación realizada nos centros de
coñecementos galegos. Esta aposta verase reforzada no marco da nova
Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), que
guiará a innovación galega ata 2027.