GAIN entrega o xoves 21 os IV Premios Galicia de Innovación e Deseño
xoves, 7 de decembro do 2023
A
Axencia Galega de Innovación (GAIN) vai entregar o vindeiro xoves 21
de decembro os
cuartos Premios Galicia de Innovación e Deseño. A gala
celebrarase ás 18.30 horas no Hotel Monumento San Francisco, en
Santiago de Compostela. O acto será, en palabras de GAIN, unha
homenaxe para todos os finalistas e unha celebración dos gañadores
e gañadoras seleccionados por profesionais de recoñecido prestixio
nas seis categorías do certame, tres por cada premio.
O
obxectivo destes premios é recoñecer o labor das persoas e empresas
que están a contribuír significativamente ao desenvolvemento
económico e social en Galicia a través da innovación e o deseño.
Con
estes galardóns búscase destacar as mellores prácticas para que
sirvan de exemplo a todo o tecido empresarial galego, poñendo de
relevo como a innovación e o deseño cumpren un papel esencial para
mellorar a competitividade das empresas e, en definitiva, a calidade
de vida das persoas.
Candidatos
Premios Galicia de Deseño
Profesionais:
Álvaro Valiño, Tomás Alonso e Uqui Cebra.
Talento
emerxente: Amalia Puga, Borja Regueiro e Ismael Velo.
Empresas:
Ascensores Enor, Costa Comunicación Visual e Visual MS.
Candidados
Premios Galicia de Innovación
Pequena
e mediana empresa: Centum Research & Technology, Mecanizados
Rodríguez Fernández e Texas Controls).