GTA V supera os 150 millóns de copias vendidas
martes, 3 de agosto do 2021
A
presentación de resultados de Take-Two Interactive desvela interesante
información sobre as vendas de xogos desta compañÃa que mantén unha forte
posición no mercado e non deixa de medrar en número de traballadores. No
balance aseguran que actualmente hai 2.800 millóns de xogadores a nivel
mundial, polo que os videoxogos son o sector de lecer máis importante en
volume, resultando tamén de grande importancia o feito de que a idade media dos
xogadores estea entre os 35 e os 44 anos, ou sexa, que haberÃa que desbotar o
mito de que os videoxogos son cousas de nenos, de aà que sexan tan importantes
a nivel de facturación.
No caso de Rockstar Games, marca con 10 estudios internos, temos que a súa franquÃa,
Grand Theft Auto, terÃa superado os 350 millóns de unidades vendidas,
dos que máis de 150 millóns de unidades corresponderÃan a Grand Theft Auto V, tÃtulo
que pese a ter bastantes anos conserva unha boa saúde, con boas vendas e cun grande
pulo en Grand Theft Auto Online, que vai comercializarse de xeito
separado a partir do 11 de novembro.
A outra franquÃa con boas vendas de Rockstar serÃa Red Dead Redemption,
con máis de 60 millóns de unidades vendidades, das que máis de 38 millóns
corresponderÃan a Red Dead Redemption 2 (que inclúe Red Dead Online,
xogo en liña que dende o pasado mes de decembro pode adquirirse por separado).
Tamén destacan que contan cun catálogo de creacións moi atractivo, con grandes
xogos como L.A. Noire, Midnight Club e Max Payne, co que poderÃan
estar dando a entender que nos vindeiros anos veremos novas entregas destas
sagas.
AÃnda que falten varios anos para a chegada de Grand Theft Auto VI, a
saúde de Take-Two é moi boa, o que dá confianza en que a súa futura creación
vaia ser unha produción moi ambiciosa que poida estar á altura das súas
entregas anteriores.
- Nos vindeiros anos poderiamos ver o retorno de franquÃas como Max Payne