GUESS Watches prepara novos reloxos con Android Wear 2.0

luns, 20 de marzo do 2017 Marcus Fernández

Dende GUESS Watches teñen toda unha liña destinada aos smartwatches, GUESS Connect, que vai medrar no outono-inverto do presente ano con novos reloxos que desta volta funcionarán cun procesador Qualcomm Snapdragon Wear 2100 e sistema operativo Android Wear 2.0, de xeito que adoptarían as últimas novidades da plataforma de wearables que promove Google pero mantendo unha liña de deseño de grande elegancia, tanto para homes como para mulleres.
Os novos reloxos de GUESS chegarán nunha versión masculina cunha caixa de 44 milímetros, e cunha versión feminina con caixa de 41 milímetros, estando este último dispoñible en cor prata, ouro ou ouro rosa, tentando así adaptase ás tendencias actuais.

PUBLICIDADE