Galaxy on Fire 2 para iOS ofrécese de balde durante unha semana
xoves, 7 de febreiro do 2013
Os amantes de xogos de naves que teñan un iPhone, iPod Touch
ou iPad poden descargar
de balde entre hoxe e o vindeiro dÃa 14 o xogo Galaxy
on Fire 2, tanto en
versión normal como en
versión HD, aproveitando esta última a potencia dos procesador A5x e A6x
dos últimos dispositivos de Apple para amosar uns gráficos mellorados. Este
xogo estreouse na App Store en outubro de 2011 e é a primeira vez que pode
conseguirse de xeito gratuÃto.
Este xogo de ciencia ficción achega uns gráficos 3D propios dunha consola
doméstica a dispositivos móbiles, cun son rico e voces que tampouco quedan
atrás, e que son un grande complemento para unha mecánica que mestura historia,
misións e mundo aberto, mantendo aos xogadores enganchados durante horas. O
simulador espacial de Fishlabs conta cunha ampla galaxia con máis de 20
sistemas estelares e máis de 100 planetas e estacións espaciais individuais,
máis de 30 naves personalizables e centos de sistemas de armas, melloras e
materias primas diferentes.
Entre os motivos que poderÃan levar a ofrecer este xogo de balde por tempo
limitado entendemos que está o feito de que permite compras in-game, polo que estariamos ante unha
especie de Free-to-Play temporal, coa
diferenza de que quen aproveite esta promoción quedará co xogo por tempo
ilimitado, continuando a ser as compras dentro do mesmo unha simple posibilidade
opcional.
O xogo tamén conta con versión
para Android optimizada para dispositivos con procesador gráfico Tegra, para
o Xperia Play de Sonic Ericsson e para
OS X (sincronizándose as partidas gardas con esta última versión co resto
de entregas para iOS).
Trailer do xogo