Galicia é a primeira Comunidade en na que se pon en marcha o programa Digicraft de Vodafone

martes, 18 de xuño do 2019 Redacción

Galicia vai dar un novo paso en educación tecnolóxica: en mostrar ás rapazas e rapaces como tirar o mellor proveito das novas ferramentas e, tamén, en amosarlles como construílas coas súas propias mans. Estamos a falar do acordo asinado hoxe pola Consellería de Educación, a axencia AMTEGA e a operadora Vodafone (Fundación Vodafone España) destinado a “reforzar as competencias dixitais nas aulas. Isto materializarase a través do coa programa DigiCraft no teu cole para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Segundo lembra AMTEGA, Galicia é a primeira Comunidade na que a Fundación Vodafone pon en marcha esta iniciativa.
O programa, ao que se poderán adherir medio cento de centros escolares, terá unha duración de dous anos e enmárcase no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia (DigiTalent) impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
Os centros que se abeiren á iniciativa terán acceso a formación para que os profesores poidan impartir o programa nas aulas, así como aos materiais en descarga para o desenvolvemento das actividades e dotación de material para cada centro, que permitirá aos docentes e alumnado desenvolver as actividades establecidas: tabletas e kits tecnolóxicos
AMTEGA engade que o programa artéllase ao redor da metodoloxía DigiCraft, unha metodoloxía de aprendizaxe específica baseada no xogo e a experimentación, deseñada pola Universidade de Salamanca para a Fundación Vodafone España “para axudar aos nenos e nenas a adaptarse a unha sociedade dixital en rápida evolución e para mostrarlles as posibilidades que o mundo dixital ofrece”.
DigiCraft no teu cole enmarcase nas iniciativas do Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, para impulsar as vocacións científico-tecnolóxicas e os novos perfís dixitais. O Plan, que se puxo en marcha este curso está a desenvolver 15 iniciativas en colaboración cos axentes do ecosistema dixital Toda a información sobre as novas actividades e as que están en curso están dispoñíbeis no portal do Plan DigiTalent digitalent.xunta.gal.

PUBLICIDADE