Galicia e o seu futuro no ámbito das tecnoloxías intelixentes, polo miúdo nunha xornada

venres, 11 de xuño do 2021 S. P.

A Xunta, a través da axencia AMTEGA, organiza este 11 de xuño a partir das 10.00 a xornada Cara a unha Galicia Intelixente. Participarán algúns dos representantes galegos máis sobranceiros deste eido tecnolóxico na nosa terra, como Amparo Alonso, investigadora do CITIC, Senén Barro, director científico do CiTIUS, ou Nuria Alonso, directora de Transformación Dixital de Estrella Galicia.
Durante esta xornada abordarase o papel das tecnoloxías intelixentes, especialmente a Intelixencia Artificial, na contribución á resolución dalgúns dos principais retos que enfronta a sociedade.
O evento enmárcase na presentación da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030.
A apertura da xornada será a cargo da directora de AMTEGA, Mar Pereira, e do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e será clausurada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
A investigadora do CITIC e presidenta da AEPIA, Amparo Alonso, participará na mesa O dato intelixente para a mellora dos servizos á cidadanía.
A xornada terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia a partir das 10:00 h e será retransmitida en directo a través dun seminario web.
Programa da xornada
10.00h Inicio
▪ Benvida | Mar Pereira – Directora da AMTEGA
▪ Inauguración da xornada | Francisco Conde - Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia 10.10h
10.10h Presentación da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030
▪ Mar Pereira – Directora da AMTEGA
10.20h O dato intelixente para a mellora dos servizos á cidadanía
Modera: Miguel Corgos– Director Xeral de Planificación e Orzamentos da Xunta de Galicia
▪ Amparo Alonso - Coordinadora do Grupo Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) da Universidade da Coruña e presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial
▪ Lluís Anaya – Director innovación e datos do CTTI da Generalitat de Catalunya
▪ Samuel Fraga– Xefe de área de Innovación, Big Data e Intelixencia Artificial de Madrid Digital-Agencia para la Administración Digital de la Comunidad de Madrid
▪ Pilar Torres- Responsábel Sector Público de AWS
11.45h O despregue da intelixencia artificial nas cadeas de valor
Modera: Fernando Guldrís– Director do Igape
▪ Senén Barro – Director do CiTIUS-Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela
▪ Nuria Alonso – Directora de Transformación Dixital de Estrella Galicia
▪ Miguel Ángel Armengol – Responsábel da Área de Big Data, Consejería de Salud y Familias da Junta de Andalucía
▪ Iván Rodríguez – Responsábel de Datos e Intelixencia Artificial para Sector Público de Microsoft España
13.05 Clausura da xornada
Alberto Núñez Feijóo - Presidente da Xunta de Galicia

PUBLICIDADE