GameStop apostará polo retro nos EE.UU.
mércores, 28 de agosto do 2024
A cadea de tendas GameStop, que abandonou o mercado español en 2014 (pasando as súas tendas en Galicia á cadea GAME), continúa a ser un referente nos EE.UU., aÃnda que está a resultarlle complicado adaptarse aos novos tempos, o que se fixo moi visible a través dunha importante redución do seu cadro de persoal e o peche da revista Game Informer, pero non toda reacción ante unha crise é negativa, senón que hoxe sorprenderon anunciando a súa nova aposta pola retro.
A cadea de videoxogos está a transformar algúns dos seus establecementos en tendas retro nas que poder adquirir consolas clásicas e xogos en formato fÃsico para consolas lanzadas entre 1985 e 2012. Deste xeito nunha tenda GameStop Retro podemos atopar dende unha consola Xbox orixinal até un cartucho de Game Boy, pasando por xogos de Dreamcast, aÃnda que cómpre advertir de que a polÃtica da cadea de tendas estadounidense dista moito dos estándares establecidos pola comunidade de coleccionistas de xogos retro, polo que será bastante doado atopar nas tendas xogos incompletos e incluso falsificacións (algo bastante difÃcil de identificar para quen non estea especializado neste ámbito).
O fenómeno que levou a que os videoxogos clásicos pasasen de venderse a prezos ridÃculos por considerase produtos residuais a converterse en material cotizado pola súa reducida oferta comercial tamén se fixo notar nos establecementos españois e galegos nos últimos anos, de xeito que podemos atopar tendas que antes tiñan os xogos de vellas consolas directamente en caixóns a colocalos ven coidados en vitrinas pechadas a prezos bastante elevados, conscientes de que a escaseza incrementa o seu prezo.