Games with Gold celebra os seus 3 anos en xuño
martes, 24 de maio do 2016
O mes
de xuño a iniciativa Games with Gold de Microsoft celebra o seu
terceiro aniversario, e quere facelo por todo o alto, de xeito que permitirá
que os subscritores Gold de Xbox LIVE poidan facerse con xogos de primeira
liña, que no caso da Xbox One son especialmente rechamantes, xa que comeza co
absurdamente divertido Goat
Simulator (simulador de cabra que permÃtenos facer tolerÃas e que
actualmente está á venda por 9,99 euros), que estará dispoñible todo o mes, e
que continúa co xogo de condución The
Crew (valorado en 29,99 euros e que estará dispoñible a partires do 16
de xuño).
Logo, para Xbox 360 (tamén dispoñibles para Xbox One grazas á
retrocompatibilidade) será posible facerse co clásico independente Super
Meat Boy (valorado en 14,39 euros) durante a primeira quincena de xuño,
mentres que na segunda metade do mes o xogo dispoñible será o impresionante XCOM:
Enemy Unknown (valorado en 59,99 euros), retorno da franquÃa XCOM que
conseguiu reforzar esta marca que este ano estreou secuela para PC que aÃnda
non chegou a consolas (o que previsiblemente poderÃa anunciarse no marco da
feira E3 que celébrase no mes de xuño).