Garou: Mark of the Wolves estrea versión para Xbox One
xoves, 16 de agosto do 2018
O dos
mellores xogos de loita das máquinas recreativas de finais dos anos 90 é, sen
dúbida, Garou: Mark of the Wolves, de
SNK para Neo-Geo, que colle o relevo da serie Fatal Fury e engade numerosas mecánicas de xogo como a caracterÃstica
breaking.
Pois este aclamado xogo chega
hoxe a Xbox One dentro da colección ACA
NEOGEO, de xeito que poderemos xogalo nunha consola moderna,
conservando todos os detalles orixinais da versión de recreativa, coa
posibilidade de mudar a dificultade e outros elementos que afectan á
visualización deste tÃtulo que pode adquirirse por 6,99 euros.
Curiosamente Garou: Mark of the Wolves
para PS4 aÃnda non está presente en España dentro desta colección, de xeito que
a
conversión correspondente ten un prezo superior (14,99 euros).
- Garou: Mark of the Wolves é un dos sucesores da serie Fatal Fury que tanto éxito tivo en recreativas nos anos 90