Gears 5 podería saír á venda o 10 de setembro

luns, 13 de maio do 2019 Marcus Fernández

Na pasada edición da feira E3, durante a presentación de Microsoft, confirmouse que este ano iamos ter unha nova entrega de Gears of War, chamada Gears 5, da que vén de filtrase interesante información a través de Generación Xbox, medio que tería adiantado a portada do xogo e a súa data de lanzamento.
Polo momento sábese pouco de Gears 5, xa que previsiblemente será un dos pratos fortes de Microsoft na súa conferencia do E3 o mes que vén, pero dende Generación Xbox atoparon a ficha do xogo no sistema taiwanés de clasificación por idades, do que extraeron a que posiblemente será a carátula do xogo, así como a súa data de lanzamento, que sería o 10 de setembro.
A data suxerida parece bastante axeitada, xa que evitaría que Gears 5 tivese que competir cos grandes lanzamentos de outubro, situándose nunha boa posición de cara á campaña de Nadal.

Ficha atopada por Generación Xbox

Tráiler de presentación do xogo

PUBLICIDADE