Gears of War 3 adíase a outono de 2011

venres, 1 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Os seareiros da saga Gears of War que tanto éxito ten na Xbox 360 esperaban con impaciencia a chegada do 8 de abril de 2011 para poder gozar de Gears of War 3, pero este título de Epic Games, pese a levar un bo ritmo de desenvolvemento, demora a súa chega ao outono de 2011 por motivos estratéxicos, pois pretenden que sexa un dos grandes títulos do vindeiro Nadal.
Sorprende a sinceridade do anuncio do cambio do calendario do xogo, pois habitualmente os estudos tenden a argumentar que están a perfeccionar os seus produtos para entregar un resultado mellor, pero nesta ocasión recoñecen abertamente que adían o título para ter un maior impacto comercial.
Gears of War 3 incorporará novas características coma unha campaña cooperativa a 4 xogadores, un novo modo Beast e novos efectos visuais, e supomos que ao poder contar con máis meses para o seu desenvolvemento será posible contar con máis detalles dos anunciados ata o momento.

PUBLICIDADE