Gears of War 3 porá fin á historia de Marcus Fenix

mércores, 6 de abril do 2011 Marcus Fernández

Pese a que aínda deberemos agardar ao 20 de setembro para poder mercar Gears of War 3, o xogo consegue estar de plena actualidade ao anunciarse que entre os días 14 e 17 de abril será posible probar a súa beta durante o Salón Internacional do Cómic de Barcelona, de xeito que os seareiros de Marcus Fenix que pasen polo evento barcelonés poderán gozar en primicia da versión de proba multixogador deste título para Xbox 360 que estará dispoñible para o resto de xogadores entre os días 25 de abril e 15 de maio.
A terceira entrega procurará ser moi importante, e o produtor executivo do xogo, Rod Fergusson, asegurou nunha entrevista que non van a traizoar aos seus seguidores rematando o xogo cun cliff-hanger, de xeito que porán fin á historia de Marcus Fenix, aínda que iso non suporá a fin do universo de Gears of War (lembremos que a historia de Halo tamén rematou na súa terceira entrega, e continúan a desenvolverse títulos de tal franquía).
Pretenden que Gears of War 3 sexa a mellor entrega da saga, co maior modo campaña e modos multixogador que permitirán milleiros de horas de xogo, converténdose en todo un imprescindible para os usuarios da Xbox 360.

O novo Gears of War volverá a atopar a súa forza no modo multi-xogador

PUBLICIDADE