Gears of War: Ultimate Edition terá versión para PC
mércores, 17 de xuño do 2015
Esta semana Microsoft
anunciou no E3 que estaba a preparar Gears
of War: Ultimate Edition, unha remasterización do primeiro Gears, para permitir que os usuarios de
Xbox One poidan facer máis doada de levar a espera a Gears of War 4, pero na mesma feira, nunha presentación centrada
nos xogos para PC, engadiron que este revisión
dun clásico de consola tamén terá versión para Windows 10, o que é unha
magnÃfica nova, especialmente para os posuidores de equipos de elevadas
prestacións, xa que esta versión de Gears
of War: Ultimate Edition poderá
correr en pantallas de ultra alta definición sen lÃmite de velocidade de
refresco, ou sexa, que non estará limitado á resolución Full HD. Tamén poderá
controlase con rato e teclado, e incluirá soporte de Xbox LIVE e gravación en
vÃdeo das nosas partidas.
Lembremos que Gears
of War: Ultimate Edition non se limita a adaptarse a equipos actuais,
senón que tamén contará con 90 minutos de contido adicional ao xogo orixinal,
novos logros, galerÃa de deseños conceptuais e cómics desbloqueables, un modo
multi-xogador modernizado (con servidores dedicados, matchmaking baseado na habilidade e novos tipos de partida), 19
mapas, 17 personaxes de Gears of War 3
para desbloquear ao progresar no multi-xogador, caracterÃsticas tomadas de Gears of War 3 (marcar inimigos,
comunicador de multixogador e personalización de sensibilidade mellorada) e, en
definitiva, unha revisión do xogo que revolucionou os shooters en terceira persoa co seu sistema de coberturas e que
converteuse en todo un vende-consolas
da familia Xbox.
- Gears of War é un dos grandes referentes en shooters en terceira persoa, que agora poderá recuperarse con grande calidade nesta Ultimate Edition