GfK coloca a Blusens na terceira posición en venda de tablets en España

martes, 16 de abril do 2013 Marcus Fernández

O fabricante compostelán de dispositivos de electrónica de consumo, tras ser coñecido polos seus reprodutores de MP3 e conseguir logo converter no seu produto estrea un reprodutor multimedia conectado, continúa a adaptar o seu catálogo ás demandas do mercado, polo que nos últimos meses potenciou a súa liña de tablets con Android con bastante bo resultado se atendemos a datos de GfK, compañía que publicou este mes os datos de vendas acumulados a febreiro de 2013, Blusens figura nunha terceira posición, só por detrás de Samsung e Apple.
Entrando en detalle, na franxa de tablets de entre 100 e 200 euros (que concentra o 34% das vendas de tablets en España) a compañía conseguiu unha segunda posición (por detrás de Samsung), mentres que na franxa dos 200 e 300 euros ten que conformarse coa terceira posición.
Cómpre destacar que Blusens tamén conseguiu colocar 2 dos seus tablets entre os 12 máis vendidos en España, concretamente o Blusens Touch 90 de 4 Gb e o Blusens Touch 96 de 16 Gb.

PUBLICIDADE