God of War 3 chegará ás tendas o vindeiro dÃa 17
luns, 1 de marzo do 2010
A chegada ás tendas
españolas do agardado God of War III
é inminente, e dende Eurogamer aseguran que a
data de lanzamento do xogo en Europa será finalmente o vindeiro dÃa 17 de marzo,
pese a que distintas tendas especializadas daten para un dÃa despois a
dispoñibilidade do tÃtulo protagonizado por Kratos, e que chegará en distintas
versións, entre as que estarÃa unha ordinaria (só co xogo, á venda por 69,95 euros),
outra especial (con
contidos adicionais, por 10 euros máis), a Ultimate
Trilogy Edition (que inclúe as dúas primeiras entregas da saga
remasterizadas para PS3, un CD musical, a banda sonora de toda a triloxÃa e
códigos de descarga para desbloquear extras, e chegará ás tendas por uns 149,99
euros) e incluso unha consola
PlayStation 3 con disco duro de 250 Gb e a nova entrega de God of War que sairá
á venda por 349,95 euros.