God of War: Ascensión estreará demo multixogador en xaneiro

mércores, 12 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Na demo multixogador de God of War: Ascensión poderemos enfrontarnos ao xigante Polifemo

Os usuarios de PlayStation Plus non só poden descargar de balde xogos como Batman: Arkham City, Vanquish ou Resident Evil 5: Gold Edition, senón que tamén teñen acceso en primicia a outros contidos como a demo descargable do novo Devil May Cry e, a partir do 8 de xaneiro, terán a posibilidade de gozar da beta multixogador de God of War: Ascensión, que permitirá gozar dos combates nos modos de xogo Ataque de favor por equipos e o, polo momento descoñecido, Favor dos deuses, que vén a ser unha versión sen equipos do anterior.
En ambos modos haberá que loitar para acadar o número de puntos requiridos polos deuses, gañando puntos por mortes, recibindo bonificacións por mortes brutais, abrindo cofres, capturando puntos de dominación e realizando execucións coa lanza do Olimpo.
Esta versión de proba incluirá o mapa das Almas Perdidas, no que será posible enfrontase ao enorme xigante Polifemo; e tamén contará cun nivel de titorial, para poder experimentar con numerosas posibilidades que estarán presentes no xogo final.


Último trailer de God of War: Ascensión centrado no seu modo multixogador

PUBLICIDADE