God of War Collection chegará ás tendas a finais de abril
luns, 22 de marzo do 2010
Os máis fieis a
Kratos e á súa saga de xogos para consolas de Sony que recibiu a súa terceira
entrega a pasada semana estarán contentos de saber que vai ser un lanzamento
que non vai vir só, senón que o vindeiro 28 de abril van contar cunha agradable
compaña: a edición
europea de God of War Collection,
consistente nun disco Blu-ray que inclúe as versións remasterizadas en alta
definición a 60 imaxes por segundo de God
of War e God of War II.
Este novo produto poderá mercarse de xeito independente a 39,99 euros, pero os
que aÃnda non adquirisen o God of War III,
poderán facerse con ambos produtos nunha edición especial coa triloxÃa completa
por 89,99 euros, o que supón un aforro duns 20 euros.