God of War III podería saír a finais de 2009 (ou principios de 2010)

luns, 23 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

O lanzamento de God of War II supuxo a chegada ao seu máximo apoxeo da PlayStation 2, polo que dende que saíu ao mercado a súa consola sucesora, a PS3, se vén falando da chegada de God of War III coma un grande xogo que poida aproveitar finalmente o potencial gráfico da consola de alta definición de Sony, aínda que polo momento só se puideron ver imaxes estáticas e trailers deste futuro xogo que non se agardaba ata 2010 pero que segundo as últimas informacións podería adiantarse a finais de ano, o que podería ser o revulsivo que precisa a PS3 para funcionar en vendas de cara ao Nadal.
Parece algo difícil que un xogo do que aínda non se veu unha demo técnica nunha feira do sector poida estar rematado antes de finais de ano, parecendo bastante crible que o título chegue a saír en febreiro de 2010, aínda que posiblemente non se anuncie a data oficial de lanzamento ata a feira E3 deste ano.


Último trailer da terceira entrega para consola doméstica de God of War

PUBLICIDADE