God of War estreará versión para PC en xaneiro
mércores, 20 de outubro do 2021
En
2018 a franquÃa de God of War rexurdiu como un xogo exclusivo para
PlayStation 4, iniciando unha nova saga protagonizada por Kratos, desta
volta acompañado polo seu fillo Atreus, nunha aventura na que saltamos da
mitoloxÃa grega á nórdica, e que rematará nunha segunda
entrega que verá a luz o ano que vén.
Dado que este tÃtulo foi
o exclusivo de PS4 que máis rápido vendeu, e actualmente está incluÃdo nos
PlayStation Hits a prezo reducido, podemos entender que Sony dá o xogo por
amortizado, de aà que agora anuncien que o
14 de xaneiro de 2022 chegará a PC, deixando asà de ser exclusivo de
consolas PlayStation, pero abrÃndose a novos xogadores que nalgún caso poderÃan
subir ao carro da saga e asà facerse cunha PS5.
A grande vantaxe de gozar deste xogo en PC é que poderemos xogalo con gráficos
4K se temos un ordenador potente, algo moi afastado da experiencia que pode
conseguirse na PlayStation 4, e precisamente un bo xeito de facerse unha idea
de como será a vindeira entrega nunha PlayStation 5 (aÃnda que cómpre lembrar
que tamén estará dispoñible para PS4).
O xogo para PC inclúe interesantes melloras gráficas, con sombras con maior
resolución e reflexos mellorados no espazo da pantalla, asà como unha
integración completa da supermostraxe de aprendizaxe profunda (DLSS) de nVIDIA
(de contarmos cunha gráfica RTX), compañÃa da que tamén podemos aproveitar a
tecnoloxÃa Reflex de baixa latencia. Outro detalle significativo é que God
of War non limitará a súa relación de aspecto a 16:9, senón que tamén será
posible xogalo en pantallas ultrapanorámicas (21:9), conseguindo asà unha
experiencia máis cinematográfica.
God of War para PC xa está dispoñible para a súa reserva en
Steam e na tenda de Epic
Games a un prezo de 49,99 euros (máis do dobre do que actualmente custa o xogo
para PS4).
Tráiler da versión para PC do xogo