God of War sairá para PSP o 26 de marzo

xoves, 14 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O agardado God of War: Chains of Olympus para PSP rematou o seu desenvolvemento, o que permitirá que se poña en venda o vindeiro 4 de marzo nos EE.UU. (o 26 de marzo en España), o que será unha boa nova para os seguidores de Kratos que posúan unha consola portátil de Sony.
Para confirmar a inminencia do xogo xa estrean un póster promocional do mesmo, e están a preparar un anuncio televisivo, do que se encarga a compañía Animal Logic, responsable dos efectos especiais da película 300.
O impresionante aspecto deste xogo, e o feito de que God of War III sexa un título exclusivo para PS3 iniciou rumores sobre o posible lanzamento dunha adaptación do xogo de PSP para a PS2, consola que aínda conserva un bo nivel de vendas, aínda que Sony non confirmou nada ó respecto.


O curioso mini-xogo sexual da última aventura de Kratos

O novo xogo tamén podería crear certa polémica, por mor dun xogo sexual integrado, como se pode ver en Gametrailers.com, aínda que é de agardar que non moleste a ningún usuario sensible, dado o curioso xeito no que se trata tal contido.

PUBLICIDADE