Google Fotos incluirá novas funcións de IA en maio
mércores, 10 de abril do 2024
Cada dÃa hai máis ferramentas baseadas en intelixencia artificial para mellorar as nosas fotografÃas, e aÃnda que nos últimos tempos estas funcionalidades chegaban en exclusiva a dispositivos como os móbiles Pixel de Google ou os de alta gama de Samsung, a partir do 15 de maio calquera usuario de Google Fotos poderá gozar de varias destas ferramentas.
Entre as ferramentas que se incorporarán a Google Fotos temos o Photo Unblur (que mellora imaxes borrosas engadÃndolles nitidez), o borrador máxico (que permite eliminar obxectos que resultan molestos nas nosas instantáneas como un descoñecido que se coa nunha das nosas fotografÃas familiares) e a luz de retrato (que permite axustar a posición e o brillo da luz nos retratos).
No caso do Editor Máxico, temos que esta función chegará de balde a todos os usuarios de dispositivos Pixel, mentres que o resto de usuarios de Android e iOS poderá gozar dende Google Fotos de 10 usos desta función ao mes (sendo preciso contratar un plan de pagamento de Google One cun mÃnimo de 2 TB de capacidade na nube para o resto de usuarios).