Google Video chega ós móbiles grazas a un programador independente
xoves, 26 de outubro do 2006Os sistemas de vÃdeo en Internet coma Google VÃdeo ou YouTube están a ter moito éxito, o que levou a un desenvolvedor independente, Scott Robbin, a achegalos ós teléfonos móbiles, comezando cunha versión non oficial de Google VÃdeo para móbiles que permite buscar, descargar e ver os vÃdeos no servizo de Google de xeito doado e que funciona dende calquera terminal que conte cun navegador compatible con XHTML (ou sexa, a meirande parte dos novos terminais de terceira xeración) e suficiente espacio para gardar o vÃdeo na memoria, que se descarga en formato AVI ou MP4 para a súa ulterior reprodución.
Para usar o novo servizo só hai que visitar a web de Robbin e facer buscar os vÃdeos que desexemos ver, o que abre unha porta ós contidos da Rede dende os móbiles, que seguro que agradecen os usuarios con terminais con capacidades de vÃdeo.
O funcionamento do servizo de Scott Robbin é moi sinxelo, como puidemos ver na seguinte demostración: