Google celebra o aniversario de Newton cun logo móbil

luns, 4 de xaneiro do 2010 Fernando Sarasketa

Vale, que Google celebre algo cun logotipo rechamante non novo nin interesante, pero que o faga cun recurso gráfico móbil xa lle engade un pouquiño máis de chicha. Se ademais, do que se trata é de celebrar o aniversario de Isaac Newton, un dos científicos que máis traballou para achegarnos un entendemento máis completo da nosa presenza no mundo (de feito, Newton foi quen subministrou a lei da gravitación universal), pois a proposta semella aínda máis interesante.
Desta volta, calquera que teña oportunidade de andar polo Google poderá ver, como era de agardar tendo en conta o moito que se ten botado man das froitas para explicar a dita lei, unhas mazás que caen da pola en clara demostración de que na Rede tamén valen as leis físicas do mundo real: todo o que está enriba remata por baixar.
Cómpre sinalar que con este recurso estase a celebrar o 367 aniversario do científico, matemático e astrónomo británico.

PUBLICIDADE