Google evitará as distraccións dos cativos durante o horario escolar
venres, 2 de agosto do 2024
Dentro das funcións de control paterno que Google integra nos seus dispositivos a través de Family Link están a introducir o Horario escolar, que inicialmente chegou aos reloxos Fitbit Ace LTE, e que durante os vindeiros meses chegará a numerosos smartphones, tabletas e reloxos de Samsung, axudando asà a que os cativos non fagan un uso indebido da tecnoloxÃa mentres asisten as aulas.
Deste xeito, ao establecerse un horario escolar, é posible bloquear o uso de aplicacións como redes sociais e xogos durante o horario lectivo, sendo posible establecer excepcións como realizar chamadas e enviar mensaxes a uns contactos especÃficos (para pode reaccionar no caso dunha emerxencia). Tamén é posible activar un modo de concentración durante o horario escolar, de xeito que os dispositivos con Android cesarán as notificacións durante o horario establecido, evitando asà as distraccións que poidan supor.
Adicionalmente Google adianta que van integrar novas funcións de supervisión para mozos, como a posibilidade de poder comprobar a súa actividade en YouTube, ampliarase a posibilidade de supervisión a todas as idades, e as buscas seguras activaranse de xeito predeterminado para usuarios menores de idade.