Gotham Knights chegará finalmente en outubro

mércores, 9 de marzo do 2022 Marcus Fernández

Warner Bros. Games tiña previsto lanzar o xogo Gotham Knights para o pasado verán, pero a complicada situación dos pasados anos forzou a adiar o lanzamento do xogo para o presente ano e, finalmente, detallan que a súa data de lanzamento oficial será o 25 de outubro.
Gotham Knights permitirá que os xogadores poidan encarnar a Nightwing, Batgirl, Robin e Red Hood (Carapucha Vermella) na súa loita para protexer a cidade de Gotham tras o pasamento de Batman.
Haberá que resolver misterios e loitar contra coñecidos malvados do universo de Batman dentro deste xogo de rol de acción e mundo aberto que probablemente será a principal proposta de DC para o presente ano, xa que o xogo do Escuadrón Suicida que están a desenvolver dende o estudio Rocksteady probablemente non vexa a luz até 2023, e o xogo de Wonder Woman no que traballa Monolith Productions aínda podería chegar máis tarde.
O novo xogo de Rocksteady chegará en versión para PC, PS4, PS5, Xbox One e Xbox Series X|S.

PUBLICIDADE