Gradius renacerá para a Nintendo Wii

martes, 22 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O videoxogo clásico de naves de desprazamento horizontal Gradius (máis coñecido en Europa coma Nemesis) continúa a estar de actualidade pese a ter máis de 23 anos, pois Konami anunciou que vai lanzar Gradius ReBirth dentro da plataforma WiiWare para a consola doméstica de Nintendo (ou sexa, que se venderá coma descarga).
O novo xogo poderá adquirirse durante o verán no Xapón, e aínda non se detallou se é un remake do clásico ou se trata dunha nova creación inspirada no videoxogo orixinal, aínda que o título desta entrega podería indicar a resurrección dunha franquicia da que a última entrega foi Gradius V para PS2 (que saíu hai exactamente 4 anos).

PUBLICIDADE