Gran Turismo Sport sairá á venda o 16 de novembro

xoves, 19 de maio do 2016 Marcus Fernández

Kazunori Yamauchi, director executivo de Polyphony Digital e creador da saga de xogos Gran Turismo, participou hoxe nun evento no Copper Box de Londres no que deron conta da vindeira entrega da popular franquía de xogos de condución exclusiva de consolas de Sony, GT Sport, que chegará ás tendas o 16 de novembro, tanto nunha edición estándar como nunha edición con caixa metálica (e numerosos contidos descargables exclusivos) e unha impresionante edición para coleccionista (que, aparte da edición de caixa metálica inclúe unha réplica en miniatura dun Mercedes-AMG GTS e unha detallada guía do automobilismo escrita polos expertos de Polyphony Digital).
En formato dixital Gran Turismo Sport só estará dispoñible na edición estándar e na edición de luxo (cos contidos descargables e extras propios da edición con caixa metálica).
Este novo xogo promete unha experiencia de competición moi realista, que só estará ao alcance dos propietarios dunha PlayStation 4.

GT Sport achegará competicións automobilísticas de grande realismo

Vídeo promocional de GT Sport

PUBLICIDADE