Grand Theft Auto: The Trilogy verá a luz o 11 de novembro

venres, 22 de outubro do 2021 Marcus Fernández

Para a celebración do 20º aniversario de Grand Theft Auto III Rockstar Games anunciou que a finais de ano chegará a consolas e ordenadores Grand Theft Auto: The Trilogy – The Definitive Edition, recompilando Grand Theft Auto III, Grand Theft Auto III: Vice City e Grand Theft Auto: San Andreas nunha edición remasterizada, da que xa temos data de lanzamento: o 11 de novembro.
Esta triloxía renovada estaría dispoñible a través da PlayStation Store, da Microsoft Store, da Nintendo eShop e de Rockstar Games Launcher a partir do 11 de novembro, e en soporte físico para Nintendo Series X|S, Xbox One, Nintendo Switch e PS4 a partir do 7 de decembro.
Deste xeito, as tres cidades emblemáticas de GTA coas súas épicas historias recóllense nunha colección definitiva, que agora recolle melloras adicionais, como un sistema de iluminación totalmente redeseñado; melloras nas sombras, o clima e os reflexos; retoques nos personaxes e os vehículos; e unha maior resolución de texturas en edificios, armas, estradas, interiores e demais. Tamén presentará unha grande variedade de melloras no contorno, como vexetación totalmente nova, superficies máis suaves e maiores distancias visuais para aportar un novo nivel de profundidade e nitidez ao mundo.
O traballo de adaptación destes xogos correu a cargo de Grove Street Games, equipo que utilizou Unreal Engine para facer estes clásicos aínda máis vivos e inmersivos, aproveitando esta oportunidade para celebrar un legado que cada día ten máis forza, aínda que para os seareiros da saga só será un xeito de mitigar a ansiedade pola espera para a chegada de Grand Theft Audio VI, do que aínda non hai previsión sobre o seu ano de lanzamento.

Tráiler da remasterización da triloxía remasterizada coa que celebran os 20 anos de GTA III

PUBLICIDADE