Ground Zeroes servirá de prólogo a Metal Gear Solid 5</Em>

luns, 3 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Os seareiros da saga Metal Gear están a esperar con inquedanza o xogo Metal Gear: Ground Zeroes, que chegará a Xbox 360 e PlayStation 3 celebrando o 25º aniversario da franquía, e do que imos coñecendo máis detalles que van máis aló do feito de que funciona co Fox Engine, como que este título vai servir de prólogo a un futuro Metal Gear Solid 5, o que confirmaría que á saga aínda lle queda moita corda.
O vídeo que se amosou de xeito privado a semana pasada vén de facerse público, polo que xa podemos ver como será Ground Zeroes en acción, comprobándose que será un título de infiltración (en contraste con Revengeance, que opta pola acción) protagonizado polo Snake orixinal, Big Boss, quen xa fora a estrela en Metal Gear Solid 3 e outras entregas da saga.


Vídeo no que podemos ver o xogo en acción (e subtitulado en inglés)

PUBLICIDADE