Guitar Hero III para PC e Mac retrásase en España

xoves, 27 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Os seguidores da saga de xogos de Guitar Hero que tantos éxitos colleito para a consola PS2 están un tanto preocupados polas demoras da chegada a España do Guitar Hero III para ordenadores PC e Mac, pois tal adaptación xa se vende nos EE.UU. (e mesmo xa contan con actualizacións) mentres que en España só se poden atopar as versións para PS2, PS3, Wii e Xbox 360.
O xogo debería pórse á venda o pasado día 10, pero Guitar Hero III: Legends of Rock resístese a chegar ós ordenadores españois, o que podería ser un grave erro por parte de Activision, pois o título xa circula polas redes P2P, o que podería facer que os usuarios máis ansiosos recorresen á súa descarga ante a imposibilidade de mercar o título nestas datas.
O xogo poderase mercar cunha guitarra USB inspirada nunha Gibson, aínda que tamén se poderá xogar co teclado e o rato. Incluirá opción multixogador e contido descargable.

PUBLICIDADE