Guitarra electroacústica con reprodución/gravación de MP3

martes, 20 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Os afeccionados ás guitarras eléctricas teñen unha nova opción de compra moi interesante, a guitarra electroacústica Ovation iDea, que destaca especialmente por incorporar reprodutor e gravadora de MP3, o que tería dunha dobre funcionalidade: serviría para recoller as nosas cancións (gravando tamén a nosa voz a través dun micrófono integrado) así como para reproducir a voz dunha canción para pórlle nós o acompañamento musical (ou incluír a gravación dun grupo completo para engadir nós a guitarra).
A guitarra pode conectarse ao PC por USB para cargar/descargar contidos, e parece moi interesante para os usuarios que queiran introducirse no mundo da música (dende a web de Ovation publican leccións básicas) aínda que o seu prezo (600 dólares) podería afastalos deste revolucionario instrumento musical.

Vídeo de presentación das características da Ovation iDea

PUBLICIDADE