HP anuncia un rato Wi-Fi

xoves, 12 de maio do 2011 Marcus Fernández

HP vén de anunciar un novo rato informático sen fíos que presume de ser o primeiro do mercado en conectarse a través de Wi-Fi, de xeito que non precisa nin dun receptor USB nin de Bluetooth, prometendo unha autonomía de 9 meses, o que superaría sobradamente á meirande parte de ratos sen fíos á venda.
Dende HP aseguran que este novo rato é doado de configurar en portátiles con Windows 7, opera a 10 metros de distancia, ten un deseño ambidextro, opera a unha resolución de entre 1.200 e 1.600 dpi, conta con 5 botóns personalizables e unha roda de desprazamento de catro direccións. Chegará ás tendas norteamericanas en xuño a un prezo de 49,99 dólares e xa conta cun vídeo promocional:

PUBLICIDADE